lunes, 13 de abril de 2015

Lectura máxica con BooksARalive


Chegou ata a nosa biblio unha colección de libros que nos encanta, "Coñece os animais" de BooksARalive. Trátase dunha colección de 5 libros que enfocando cun dispositivo móbil, coa súa app correspondente, se transforman con RA ofrecéndonos os animais que habitan en cinco ecosistemas que son o mar, a sabana, a granxa, a xungla e o bosque.
Cada animal preséntase a dobre páxina, á esquerda un texto rimado no que se dá información do animal e á dereita unha bonita ilustración que é onde podemos facer "maxia" cos iPads da biblio. Cando abrimos a app de cada un dos libros anímanse os diferentes animais con movemento e son. Ademais permite dúas posibilidades extra que son a lectura do texto do animal en varios idiomas e a realización de crebacabezas coa imaxe seleccionada.
Deixámosvos este vídeo no que podedes ver a demostración de como funcionan as apps enfocando un dispositivo móbil.


Xa puidemos probar o funcionamento destes libros xeniais co primeiro grupo de alumnos e alumnas e gustaron moito. Estaban entusiasmados!

No hay comentarios:

Publicar un comentario