miércoles, 22 de junio de 2016

Despedida dos mini-bibliotecarios

Onte tivo lugar no Centro Cívico de Arteixo a tradicional cerimonia de graduación para o alumnado de 6º de Primaria. Houbo entrega de diplomas, orlas, actuacións musicais e sobre todo discursos moi emotivos.
Os nosos mini-bibliotecarios tamén participaron nesta despedida porque eles tamén nos deixan... pero como dixeron Iria, Claudia e Rodrigo no seu discurso, haberá outros libros e outras bibliotecas aínda que a nosa, a de Brociños, sempre camiñará con eles...


Non podemos estar máis orgullosas deles... sempre tan puntuais, sempre cun sonriso dispostos a colaborar no correcto funcionamento da biblioteca... 
Grazas a tod@s, foi un pracer traballar convosco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario