O Equipo da Biblioteca quere dar as grazas a todos os mestres e mestras que nos axudaron a construír a biblioteca este ano e lembrade que levades estes "quereres" para este verán:
- Deitarse un día ou varios tarde, pero moi tarde.
- Durmir ata as tantas sen remorsos.
- Ver amencer.
- Probar un bo viño da terra.
- Dar un longo paseo cos amigos con paradiñas para a repostaxe.
- Ver unha boa peli só ou en compañía.
- Darse un atracón da vosa serie favorita.
- Ler un bo libro e recomendarllo a todo o mundo.
- Organizar polo menos unha churrascada para a familia.
- Escoitar boa música.
- Bailar a canción do verán ou doutros veráns.
- Non mirar o reloxo.
Esta foi a primeira de moitas festas que nos esperan este verán. A gozalas!!!
Foi un pracer enorme traballar con todas vos... Intentarei regresar para traballar máis e mellor!
ResponderEliminarOrgullo PdB no corazón por sempre!