lunes, 13 de febrero de 2017

Colección Wigetta

Din por aí que as profesións que terán os nosos pequenos no futuro aínda non teñen nome pero hai unha que xa é unha realidade: ser youtuber.
Resulta que hai un par de youtubers que se pasaron a escritores e os seus libros chegaron esta semana á nosa biblioteca. Os seus nomes son WillyRex e Vegetta777. Seguro que sabedes de quen estou a falar, sobre todo os que coñecedes o videoxogo "Minecraft".


A colección Wigetta inspírase no mundo dos videoxogos para contar as aventuras de Willy e Vegetta, uns intrépidos nenos que loitarán contra bruxas e xigantes para devolver a paz ao seu pobo tras unha invasión zombi, un pobo moi minecraft.
O libro alterna viñetas con texto e preséntase de maneira interactiva, dando a posibilidade ao lector de comezar o relato por diferentes capítulos.
"Wigetta" diríxese aos nosos pequenos que comprenderán mellor que ninguén a narrativa "transmedia" do libro e as referencias ao famoso videoxogo "Minecraft".
E como nós tamén temos aos nosos youtubers nun mundo Minecraft, aproveitamos para presentarvos a nosa canle MINECRAFTERS BROZOS onde os nosos cativos descubren os seus trucos de minecrafters e amosan as súas creacións.  E de mostra, un botón...


No hay comentarios:

Publicar un comentario