jueves, 23 de febrero de 2017

#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017

Un ano máis o aniversario do nacemento de Rosalía celébrase o 24 de febreiro e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima a cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor.

No noso centro o alumnado elaborou máscaras e murais de Rosalía ao longo da semana despois de facer un repaso nos distintos niveis da figura literaria da autora. Aquí tedes algunhas fotografías enviadas á nosa biblioteca.








Unha vez feito este traballo, o alumnado levou a súa máscara para casa para compartir coa súa familia e facerse fotos "caracterizados" de Rosalía acompañados das súas persoas maiores, portando algún cartel cun verso rosaliano. A documentación gráfica será subida á rede coa etiqueta #RosalíaTe 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada