martes, 14 de marzo de 2017

Xogando a ser arquitectos

Estes días o noso centro está cheo de construtores e de arquitectos moi afanosos tentando rematar os seus proxectos para entregar na biblioteca como Brozo-Reto do segundo trimestre. 


Algunhas aulas optan por facer os proxectos, en grupos, con material de reciclaxe e outros máis ousados, de forma individual en formato dixital, co programa Minecraft, tentando reproducir obras arquitectónicas emblemáticas coñecidas en todo o mundo.


Lembrade que os proxectos terán que estar rematados a finais deste mes porque o luns 3 de abril un xurado experto  escollerá as mellores creacións, unha por nivel. Os gañadores conseguirán a Medalla do Premio Internacional de Arquitectura PdB. 
Sorte a tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario