lunes, 24 de abril de 2017

Escultura: 3º Brozo-Reto do trimestre

"... o escultor saca todo o superfluo e reduce o material á forma que existe dentro da mente do artista..." Giorgio Vasari

Desde os tempos máis remotos o home tivo a necesidade e a oportunidade de esculpir. Os arqueólogos din que incluso antes de facer as primeiras construcións arquitectónicas, o home xa facía esculturas. Ao principio fixérono cos materiais máis sinxelos que tiñan a man: pedra, arxila e madeira. Despois empregáronse os metais, a cera, o xeso ata chegar a escultura moderna na que se empregan resinas de poliéster, fibra de vidro ou material de refugallo.
A escultura tivo nun principio unha finalidade máxica ou relixiosa para acabar tendo unha función principalmente estética. 

Este trimestre investigaremos o mundo da escultura con actividades na nosa biblioteca que vos levarán a descubrir a historia da escultura, dende a Venus de Villendorf ata a escultura moderna.


Lanzamos un novo Brozo-Reto: queremos que fagades unha escultura. Pode ser famosa ou creada por vós. Podedes facelo por nivel, en parellas ou individualmente. Empregade o material que queirades e o formato dixital ou analóxico. Botade a voar a vosa imaxinación...
A data límite será a semana do 12 de xuño, na que de novo un xurado formado por mini-bibliotecarios escollerá as mellores pezas escultóricas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario