jueves, 6 de abril de 2017

Museos virtuais de arte en CoSpaces

Como moitos de vós saberedes, a realidade virtual está a experimentar un enorme crecemento desde hai un tempo. Grazas á proliferación de lentes e cascos de realidade virtual, cada vez son máis as persoas que acceden a esta tecnoloxía. É por iso polo que varios grupos de alumnos e alumnas do noso centro están a traballar cun programa chamado CoSpaces, unha plataforma que nos permite crear contornas de realidade virtual, e queren compartir coa nosa biblioteca algúns dos seus museos virtuais relacionados coa pintura para engadilos ao noso proxecto Territorio das Artes.
O primeiro deles ten moito que ver co primeiro Brozo-Reto do trimestre, xa que son as portas decoradas do noso centro levadas a un imaxinario mundo 3D.


Se queredes visualizar este impresionante traballo realizado pola alumna Emma Cotelo Álvarez de 6ºD, tan só teremos que descargar a aplicación gratuíta de CoSpaces para dispositivos iOS ou Android e colocar un smartphone nunhas lentes de realidade virtual, picando nas seguintes ligazóns:


 PdB Museum 1https://cospac.es/X98c     PdB Museum 2: https://cospac.es/fRkw

Outras galerías virtuáis de arte relacionadas coa pintura:

Zoe Moratinos Varela - 6ºD: "Great Paintings"

Zoe Díaz Carracedo - 6ºD: "Pop Art museum"

No hay comentarios:

Publicar un comentario