martes, 9 de mayo de 2017

Escornabots na Biblioteca PdB

Tremenda noticia coa que nos atopamos hoxe ao chegar ao cole! Preparádevos porque o próximo ano chega unha invasión robótica ao noso centro: OS ESCORNABOTS. E vos preguntaredes... quen son estes? Pois nin máis nin menos que uns pequenos robots produto dos makers galegos do Proxecto Escornabots na biblioteca escolar
Todo o software, o hardware e o deseño dos pequenos robots é libre e está completamente construído sobre Arduino, a plataforma de robótica más estendida no mundo.
Esta iniciativa intégrase no contexto dun modelo de biblioteca aberto ás distintas linguaxes co fin de favorecer a alfabetización múltiple , no que se promove a expresión oral, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.



Xa veremos como lles vai polo noso cole onde seguro farán un montón de amigos e algunha aventura vivirán. Promete ser un bo ano!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario