domingo, 14 de mayo de 2017

Somos gañadores da XI Edición do Premio Espiral Edublogs!!

Onte foi publicada a lista dos gañadores da XI Edición dos Premios Espiral Edublogs e o noso blog é un deles. O vindeiro 10 de xuño traeremos unha peonza para Arteixo... Nin nos nosos mellores soños!!!!


Ata o día da entrega de premios non saberemos a cor de nosa buxaina pero iso é o de menos... só o ser seleccionados entre tantos blogs fantásticos xa é incrible.
Queremos felicitar a todos e cada un dos blogs  presentados á edición, todos fan un excelente traballo. E por suposto tamén felicitar aos compañeiros que foron gañadores na nosa categoría. Parabéns por eses fantásticos blogs.
E por último, agradecer á Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía este recoñecemento e a confianza depositada no noso traballo.

12 comentarios:

  1. Moitas felicidades.
    Estades a facer un traballo incrible dende o Equipo da Biblioteca.
    Moitas grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Sr Dire... Pola vosa confianza, por crer en nós dende o principio e por facer tan fácil traballar no centro.

      Eliminar
  2. Parabéns a todo o equipo da Biblioteca. O bo traballo e o esforzo ten as súas recompensas. Ánimo e a seguir así.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas tamén a ti polo teu apoio neste camiño que iniciamos xa fai uns anos.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa polo merecidísimo premio a un blog feito con traballo e personalidade!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, chicas da Realidade Virtual... Alucinante traballo o que estades a facer vós!!!

      Eliminar
  5. Parabéns, compañeiras! Merecidísimo recoñecemento ao voso excelente traballo! Grazas por compartilo e a seguir coa mesma ilusión de sempre.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas, teacher... Ilusión porque construimos entre todos e cando un bloquéase, outro ven a dar un empurrón... deses que nós das ti ás veces!!!!

    ResponderEliminar
  7. Parabéns a todo o equipo de biblioteca polo bo facer. Un premio moi merecido que ven a recoñecer o traballo ben feito. Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas... Este é un premio do que todos temos un anaquiño porque sen vós non sería posible!!!

      Eliminar