viernes, 23 de junio de 2017

Rematamos...

Cantas boas sensacións déixanos este ano! Para nós, como equipo, foi a ano no que consolidamos o noso proxecto cun 100% de participación. E iso é moito dicir nun cole como o noso con tanto alumnado e tantos profes. Xuntos construímos o ano da biblioteca, que non quere ser máis que o nexo que una aos tres pavillóns do cole. 
O proxecto "Territorio das Artes" trouxo moita emoción e novas aprendizaxes. Exploramos os mundos da pintura, da arquitectura e da escultura como sabemos na biblioteca... xogando. Houbo Minecraft, Kahoots, CoSpaces, Wallames... pero tamén moito feito coas mans cheas de pintura e pegamento, co lápiz e o papel, que tan importante é nesta etapa.
Este ano regalounos unha buxaina de prata no XI Concurso de Espiral Edublogs que supuxo unha dose extra de motivación e un recoñecemento que agradecemos dende o corazón e que ocupará un lugar de honra na nosa biblioteca. 
Chegou o momento de despedirnos...
Primeiro dos nosos Mini-Bibliotecarios, que marchan preparados para voar lonxe e alto. Esperamos que un pouquiño da biblioteca vaia con eles para sempre.



Segundo, da profe Dolores, que leva dende o principio pelexando para sacar a nosa biblioteca adiante, e que agora marcha para outro cole. Botarémoste de menos compañeira. Moita sorte na túa nova viaxe.
E por último de todos e todas os que este ano colaborástedes coa biblioteca.

Vémonos en setembro e xa vos avisamos de que tedes que vir preparados porque ELES xa están aquí... Camiñade cara á luz con eles...

No hay comentarios:

Publicar un comentario