martes, 24 de octubre de 2017

Comeza o xogo : Pensando coas Mates


Como xa vos contamos, este ano imos pensar na biblioteca... E que mellor que empezar pensando números e matemáticas? As matemáticas son fundamentais para o desenvolvemento: Permítennos chegar a ser pensadores independientes porque nos proporcionan habilidades que utilizaremos en todas as materias e desenvolven o pensamento lóxico que nos axudará en todos os aspectos da vida.

O noso primeiro reto será Pensando coas Mates: enigmas, xeroglíficos, sudokus, labirintos... O noso obxectivo é gravar un vídeo co que fagades.
Xa sabedes que nos gusta que traballedes en equipo pero tamén nos gustan os que traballan sós. Calquera ferramenta ou material será apropiado porque tedes toda a liberdade do mundo para pensar, imaxinar e crear.

A data para ter o voso proxecto rematado será o 18 de decembro cando escolleremos os mellores "matemáticos" do cole. Quen levará o Premio Pitágoras?

2 comentarios:

  1. As aulas de 1º xa estamos dándolle voltas á cabeza. Que gañe o mellor!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que os robots teñen un papel importante nesas cabeciñas que dan voltas...

      Eliminar