miércoles, 18 de octubre de 2017

Wendel e os robots: comeza a batalla robótica!

Que mellor maneira de festexar o Día das Bibliotecas Escolares que cunha carta de Brociños!! Parece ser que a Sisalde acaba de chegar un novo veciño: chámase Wendel e é un rato de campo e resulta que é inventor. Fai pouco dedicouse a facer robots, capaces de realizar moitas actividades pero a cousa rematou mal... Montou unha boa na fraga, xa veredes, xa....
A carta vén con 5 caixiñas misteriosas para os nenos e nenas de 1º nivel, e nós poderemos abrilas cando veñades á biblioteca. Xa nos estades tardando!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario