miércoles, 22 de noviembre de 2017

ERW2017 na biblioteca

Esta semana está sendo moi movida na biblioteca porque a Revolución Robótica esténdese polo pavillón I na celebración da Semana da Robótica. Un antigo amiguiño, que xa coñecemos de infantil, serviu para comezar a programar secuencias de ordes nun robot: a abella Bee-Bot. Houbo moito nervio e algún momento de desesperación porque a abella non ía para onde nós queriamos, pero todo formaba parte dun proceso que nos levaba primeiro a pensar coa nosa cabeciña cales eran os comandos que tiñamos que usar para que o Bee-Bot chegara ao seu destino.



Aprendemos que equivocarse é un paso máis no proceso e que enfadarnos non serve de nada. Hai que volver ao principio. Ao final, todos conseguiron as súas estrelas e un diploma que brillaba con luz propia certificando a súa participación na ERW2017.



No hay comentarios:

Publicar un comentario