martes, 14 de noviembre de 2017

Semana da Robótica


Do 17 ao 24 de novembro celébrase no mundo enteiro a Semana dos Robots co obxectivo de promocionar os avances tecnolóxicos no mundo dos robots e a programación.
Nós non podíamos faltar xa que temos a nosa Revolución Robótica nos corredores de 1º EP, así que xa temos creado e inscrito o noso EVENTO ROBÓTICO na ERW2017 (European Robotics Week).

Experimentaremos coa app Bee-Bot para descubrir como seguir unha secuencia de comandos que nos permitan mover o noso robot ata chegar ao noso obxectivo, usando a famosa técnica do ensaio-error: se un paso non nos funciona, volveremos tentalo ata conseguir pasar o reto e acadar estrelas como recompensa.
A botoeira dos Bee-Bots é igualiña á dos nosos Escornabots porque son curmáns!!! Seguro que será moi facil coa de práctica que xa temos.
Moita sorte, pequechos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario