viernes, 26 de enero de 2018

Libros para a Paz

Queremos recomendarvos especialmente o precioso conto ilustrado "Imagine" que nos brinda unha gran oportunidade para compartir con todos vós as ganas de John Lennon (e de todos!) de crear un mundo mellor: un mundo unido, sen fronteiras e en paz.


A historia empeza cunha pomba da paz baixando do metro e cargada cunha carteira chea de ramos de oliveira. Á saída deste, a nosa protagonista alza o voo e diríxese a cruzar o océano co obxectivo de difundir a súa mensaxe de paz por todo o mundo.
A canción de Lennon, e con ela as bonitas ilustracións de Jean Jullien, convídannos a reflexionar: que pasaría se o compartísemos todo?, se non houbese posesións?, se non houbese motivos para a cobiza ou a fame?, como sería entón o mundo?...
Ao final a nosa pomba xa está cansada de tanto voar, lidar entre conflitos e transmitir a súa mensaxe de paz. Pero podemos estar tranquilos, porque xa non é a única, moitos outros paxaros voan agora tamén, xuntos e unidos a pesar das súas diferenzas, para conseguir un mundo máis tolerante e xusto para todos.
Unímonos a eles?

Aquí tedes moitos outros libros para que reflexionedes sobre este tema, sobre todo, durante estes días previos á celebración do día da Paz.

Follow bibliobrozos's board Lecturas para contruír a Paz on Pinterest.

No hay comentarios:

Publicar un comentario