viernes, 27 de abril de 2018

Coñecendo ao Principiño con lapbooks

"O esencial é invisible aos ollos"... Xa ten 75 anos pero segue namorando como o primeiro día. Este foi o reto que afrontaron os nenos e nenas de 5ºC na Semana do Libro: facer O Principiño accesible para os máis pequenos. 
E aquí os tedes cos seus lapbooks despregables cheos de traballo. Investigar, deseñar, recortar, pegar, colorear... facer súa a historia nunha soa peza con información gráfica, sinxela e divertida para logo contala, que é o que fan os grandes contadores de historias.



Así O Principiño engrandeceuse aínda máis e fixemos cómplices aos pequenos de 1º e 2º do segredo que agocha: se algún día viaxamos a África, teremos que estar moi atentos porque ese pequeno de cabelos de ouro, que nunca renuncia a unha pregunta se non ten resposta, volverá. 
Foi unha delicia velos e escoitalos. Sodes de verdad valentes!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario